CRTVG

Buscar

Conmemoran a morte de Ramón Sampedro hai 22 anos con numerosas actividades no Porto do Son

Publicado o 12/01/2020 15:17

Este mediodía a Asociación Dereito a Morrer Dignamente lembraba a morte voluntaria de Ramón Sampedro, tal día coma hoxe hai xa 22 anos. Con este motivo celebrou o Día da Morte Digna de Galicia organizando varias actividades no concello coruñés de Porto do Son.

Númerosas persoas acudiron á praia sonense das Furnas, onde se lembrou a figura de Ramón Sampedro e a súa loita, xusto no lugar onde sufriu o accidente que o deixou tetrapléxico. A asociación aproveitou o acto para reinvindicar a despenalización da eutanasia e o dereito a decidir sobre o final da propia vida, cuestións sobre as que Sampedro se converteu nun símbolo, segundo indicaba a propia asociación.

Familiares e amigos leron textos na súa honra e fixeron unha ofrenda de caraveis ao mar para conmemorar a efeméride. Mentres, dende a asociación Dereito a Morrer Dignamente salientaron a confianza en acadar en breve unha lei sobre a eutanasia.

Noticias web

12/01/2020

Máis sobre Porto do Son