CRTVG

Buscar

As limitacións para pasar a Portugal non se aplican noutras comunidades como en Galicia

Publicado o 03/05/2021 14:48

Portugal retirou o seu estado de alarma e unha das medias inmediatas foi abrir fronteiras con España. Diso hai xa tres días, que están sendo de certa confusión. Moitos galegos non teñen claro se poden pasar ao outro lado para facer compras ou turismo, por exemplo. Galicia está perimetrada e, segundo a última comunicación da delegación do Goberno, ese peche prevalece, pero non é así noutras comunidades.

O venres, o Ministerio do Interior enviaba unha circular ás delegacións do Goberno nas comunidades que lindan con Portugal explicando que as fronteiras eran competencia do Goberno central e que permitían a libre circulación dos cidadáns.

No entanto, unhas horas despois, fontes da delegación do Goberno en Galicia comunicábanlle á TVG que entendían que non se debía cruzar. Un punto de vista diferente ao que teñen en Estremadura, Castela e Andalucía, onde esta mesma mañá confirmaron que eles permitían o paso da fronteira.

No medio de toda esta confusión os veciños de lugares como a eurocidade Verín-Chaves contan que a Garda Civil estivo facendo un controis aos cidadáns portugueses para poderen entrar en Galicia.