CRTVG

Buscar

Confusión entre os hostaleiros pola recollida de comida en locais

Publicado o 28/04/2020 14:32

Fernando é propietario dun local hostaleiro que despacha comida a domicilio e ata hai uns días tamén para recoller, ata que apareceu a policía local en aplicación dun mandato da Delegación do Goberno.

Alega este empresario que unha modificación posterior do decreto de alarma permite a actividade, e que xa así se está a desenvolver noutras zonas.

A Delegación do Goberno na Coruña non ten constancia de tal modificación, mentres o empresario anuncia a interposición de medidas legais.

Noticias web

28/04/2020