CRTVG

Buscar

Confusión e ringleiras en Gran Canaria tras a invitación do hospital principal a vacinarse sen cita

Publicado o 10/04/2021 21:13


Ringleiras no hospital universitario de Gran Canaria. Moitos acudiron a vacinarse sen cita.
Ocorreu tras publicarse nas redes que o proceso estaba aberto aos que tivesen entre 60 e 69 anos, con só presentar o DNI. A Consellería de Sanidade desmentiuno, pero xa se fixera viral.

Din que foi un erro de interpretación da dirección do hospital sobre a captación oportunista de pacientes en caso de quedar doses sen poñer por incomparecencia de citados.
O caso é que ao final os que estaban dentro da franxa de idade e nas listas dos próximos días, recibiron a vacina.

Na consellería puntualizan que se fixo así de forma excepcional porque de querer aproveitar doses sobrantes tamén hai que empregar as canles oficiais.
No hospital aseguran que a situación non ocasionou caos no centro.

Noticias web

10/04/2021