CRTVG

Buscar

Confírmase un caso da variante surafricana na área da Coruña

Publicado o 16/04/2021 14:50

Na Coruña séguese de preto un caso da variante surafricana. O laboratorio do Hospital Universitario da Coruña confirmou o caso dunha paciente con esta variante surafricana que, con todo, evoluciona favorablemente.

Sería o primeiro caso nesta área sanitaria, onde ata o de agora só se detectara a mutación da cepa británica, a maioritaria neste momento e á que se atribúe a magnitude da terceira onda en toda a área coruñesa tras o Nadal.

Noticias web

16/04/2021