Confírmase que os restos óseos achados en Barbadás son os de Nerea Añel
Publicado o 16/09/2020 15:20

A Garda Civil confirma que os restos óseos atopados preto do municipio de Barbadás son os de Nerea Añel, a moza de 27 anos desaparecida no mes de xaneiro.
É o resultado obtido o mediodía deste mércores 16 na análise levada a cabo no laboratorio de criminalística da Dirección Xeral da Garda Civil de Madrid.
A moza desapareceu nesa zona o pasado xaneiro. Unha parella que paseaba co can pola aldea dos Muíños atopou o corpo nun estado avanzado de descomposición. Os investigadores xa comunicaron a noticia á familia pero seguen facendo probas para determinar as causas da morte.