Dous gromos máis na área de Santiago: un na Baña e outro en Negreira, con once positivos cada un
A área sanitaria de Santiago e A Barbanza superou os 400 casos activos. A última hora confirmaronse dous novos gromos de orixe familiar, un na Baña e outro en Negreira, con once casos cada un. O detectado hai uns días na Pobra do Caramiñal suma 15 positivos, nove entre o cadro de persoal dunha conserveira e o resto entre os contactos destes traballadores.
Santa Comba segue intentando manter baixo control o gromo de coronavirus rexistrado no municipio, con 30 persoas contaxiadas. Un cento de veciños permanecen confinados. Moitos, de idade avanzada, que residen en zonas rurais. Varios servizos municipais reactivaron a atención a domicilio.
María José Martinez, coordinadora do servizo de axuda a domicilio de Santa Comba: "Hai xente maior soa e tamén moita xente con dependencia severa ou grandes dependencias, dous ou tres, e aínda que viven con familiares precisan o apoio do servizo".
Á espera de poder recuperar a localidade como centro de reunión da mocidade da zona, ademais do ocio nocturno, en Santa Comba permanecen pechados gran parte dos establecementos hostaleiros.
O foco de contaxio de Melide suma 6 afectados máis, cun total de 69 casos activos.