CRTVG

Buscar

Confirman case 13 anos de cárcere por tentar matar a exmuller provocando un accidente de tráfico en Rande

Publicado o 11/05/2021 17:45
Confirman case 13 anos de cárcere por tentar matar a exmuller provocando un accidente de tráfico en Rande

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra que condenaba a 12 anos e nove meses de prisión un home por tentar matar a súa exmuller, provocando un accidente de tráfico no corredor do Morrazo, e pola tentativa de homicidio dun condutor contra o que chocou intencionadamente.

O Tribunal considera que os maxistrados de primeira instancia explicaron "perfectamente os motivos polos que conclúen que si houbo ánimo de matar". Así, indica que o acusado se lamentou de non conseguir matar a muller, "e así o expresou de viva voz".

Nesta liña, os xuíces conclúen que a súa vontade homicida é "incuestionable", posto que "un coche a máis de 120 quilómetros por hora chocando contra outro é un instrumento apto para producir a morte dos ocupantes de calquera dos vehículos, risco que, como di a Sala, polo menos integra un dolo eventual de homicidio".

Noticias web

11/05/2021