CRTVG

Buscar

Confinado o pesqueiro Sanamedio en Marín tras dar positivo toda a tripulación

Publicado o 29/10/2020 20:52

Confinado o pesqueiro Sanamedio en Marín tras daren positivo os 12 mariñeiros que integran a tripulación.

O barco está atracado no porto de Marín, que é a súa base. As autoridades sanitarias determinaron que teñen que permanecer no buque sen poder desembarcar ata polo menos o 5 de novembro, que é cando está previsto que lles fagan unha nova PCR.

O pesqueiro, que pesca no Gran Sol, tivo que dar volta cando un dos mariñeiros deu positivo tras facerlle un dos tests de detección que levan a bordo.

Noticias web

29/10/2020