Confían en que a Reserva da Biosfera impulse o turismo e sexa freo ao despoboamento
Na Ribeira Sacra non poden estar máis satisfeitos: foron declarados, xunto coas serras do Oribio e do Courel, como Reserva da Biosfera. Un recoñemento internacional que pon en valor todo o atractivo turístico desta zona.
Un recoñecemento á singularidade deste espazo único que busca promover unha convivencia harmónica entre o desenvolvemeto social e económico desta zona e a conservación da súa riqueza natural e patrimonial. Na zona consideran que esta declaración daralle pulo a un turismo máis sostible e axudará a frear o despoboamento desta zona do interior. É a sétima Rerserva da Biosfera de Galicia, pero o único territorio de toda España, nesta edición de 2021, nomeada Reserva da Biosfera pola Unesco.
Unha paisaxe e patrimonio únicos froito dunha longa historia en que a actividade humana sementou de mosteiros, soutos e viñedos estas ribeiras recoñecidas agora como Reserva da Biosfera.
Unha harmonía entre a actividade humana e a conservación da riqueza natural e patrimonial que xa atrae cada ano milleiros de visitantes.
A da Ribeira Sacra, Serras do Oribio e do Courel é a sétima Reserva da Biosfera de Galicia polo que o 35 por cento do territorio xa conta con este recoñecemento internacional que agardan impulse tamén a súa declaración como Patrimonio da Humanidade.