CRTVG

Buscar

Confeccionan máscaras adaptadas á lingua de signos

Publicado o 16/04/2020 14:24

Entramos no taller de onde saíron xa máis de 6.500 máscaras e das que sairán as novas creacións de autoprotección pensadas para as persoas xordas. A súa confección é similar, pero a diferenza radica neste plástico transparente que permite ler os labios.

Permítelles comunicarse e ao mesmo tempo están protexidos contra o virus. Deste xeito facilítaselles a súa vida cotiá na casa, pero sobre todo na rúa. Nieves é a propietaria deste taller.

Precisamente David encárgase da súa distribución para que as máscaras cheguen ao maior número de xente posible.

O proxecto leva por nome "Eu póñome a coser" e nel participan xa máis dunha vintena de personas da comarca. O Concello de Nigrán tamén colabora na súa distribución. Algo tan sinxelo coma o plástico transparente permitirá fomentar a inclusión e sobre todo deixará ver os sorrisos de agradecemento deste colectivo.

Noticias web

16/04/2020