CRTVG

Buscar

A Universidade de Vigo poderá realizar exames finais presenciais

Publicado o 30/04/2020 09:05

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou onte a posibilidade de que se poidan realizar exames finais e de recuperación de maneira presencial.

Tras un longo debate, o órgano rector da institución académica acordou que, sempre e cando estean garantidas as máximas medidas de seguridade, estarán autorizadas as probas finais da convocatoria de xuño e os exames de recuperación.

A Universidade de Santiago acordou hai unha semana que a avaliación se faga preferentemente sen exame final, pero hai departamentos que decidiron realizar probas a través do campus virtual, e o malestar do alumnado vai en aumento porque denuncia constantes caídas do sistema informático que farían inviable a realización dos exames con garantías. De feito, onte o sistema estivo caído durante horas tras a convocatoria dunha protesta na rede cunha conexión multitudinaria á plataforma á mesma hora.

Medra tamén o descontento na Universidade da Coruña polos problemas do seu campus virtual. Onte mesmo, a insitución académica denunciou un "ciberataque cun incremento inusual de conexións un 600 % superiores ás dun día normal".

Noticias web

30/04/2020