Traballadores do naval vigués esixen na rúa máis seguridade tras a morte dun compañeiro
Publicado o 09/06/2020 08:59
Desde as oito da mañá, persoal de estaleiros e empresas auxiliares participan en Vigo nunha marcha en que reclaman máis medidas de seguridade e a convocatoria da mesa do naval.
A protesta chega despois de que este luns un home de 53 anos falecese nun accidente laboral en Vigo. A vítima traballaba na reparación dun pesqueiro atracado no peirao da armadora Pereira. As primeiras pescudas apuntan a que lle caeu enriba unha porta de gran peso.