CRTVG

Buscar

Coñecemos un médico residente que pasou por tres UCI no último ano

Publicado o 05/02/2021 14:23

Fernando comezou a formarse como médico ao comezo da pandemia en Madrid. Estivo ao carón dos pacientes máis críticos, un goteo constante que os pillou por sopresa a todos.

"Foi unha situación complicada ,a día de hoxe moitos do compañieros levan ainda hoxe o problema emocional".

Pasou pola UCI de Ourense na segunda onda da pandemia e por Vigo agora nesta terceira.

"Cando a capacidade dunha UCI son 60 camas e hai 200 pacientes iso é inasumible, pero coa axuda doutras especialidades imos tirando para adiante, pero o problema segue estando aí: a capacidade das UCI é moi limitada".

Asegura que no que si se avanzou moito foi nos protocolos e no tratamento que reciben os pacientes. 

"Hoxe en día o tratamento que se lle dá a un paciente en Ourense ou no 12 de Octubre, que é un dos mellores hospitais de España, é o mesmo".

Non hai camas infinitas nin respiradores infinitos, por iso asegura que o mellor é evitar os contaxios. Elixiu a primeira liña, loitar duro por manter vivos os seus pacientes. Di que a mellor recompensa é cando un deles logra superar a enfermidade.


 

Noticias web

05/02/2021