A Revista
Coñecemos os 'wombis', os protagonistas duns contos galegos para nenos de cero a tres anos
Publicado o 21/05/2018 13:15
Estes días as letras galegas estiveron de celebración e nós queremos presentarlles hoxe contos en galego para pais e fillos. 'Os Wombis', os adorables protagonistas duns relatos infantís con fermosas ilustracións feitas a acuarela. Falan de situacións cotiás: quitar o chupete, deixar de empregar cueiros ou como vencer os medos.