CRTVG

Buscar

Coñecemos o día a día dun doente de VIH no Día Mundial contra esta enfermidade

Publicado o 01/12/2020 16:10

Hoxe é o Día Mundial contra a Sida, outra pandemia para a que que non temos máis vacina que a prevención.

Luis Ángel contraeu o virus hai 30 anos e, malia que hoxe fai vida normal, pide non perderlle o respecto a unha doenza sen cura.

Pode comparar pandemias, porque lle tocou vivir dúas en primeira persoa. Contraeu o VIH nos primeiros anos 90, soáballe de oídas, pero ese mozo da fotografía nunca pensou que aquilo podería pasarlle a el.

Hoxe fai vida normal coa axuda dunha soa pastilla, antes tomaba sete. A ciencia avanzou pero, insiste, segue a ser unha enfermidade sen cura e non hai que perderlle o respecto.

A el faltoulle información, e agora que abonda hai quen prefire non escoitar.

Gañoulle a batalla á heroína, aprendeu a convivir coa sida e hoxe defínese como un home alegre, afeccionado aos labirintos, quizais pola súa capacidade de atopar a saída cando a vida se complica.

Noticias web

01/12/2020