CRTVG

Buscar

Dúbidas da desescalada, as preguntas máis frecuentes

Publicado o 30/04/2020 14:40

Cando poderemos ver os nosos familiares e amigos?

Será na fase 1 da desescalada, a partir do 11 de maio. Eses encontros con familiares e amigos terán que ser en grupos reducidos, entre persoas non vulnerables e sen patoloxías, que residan na mesma provincia.

Cando podo visitar un familiar que vive nunha residencia?

As visitas a residencias de maiores non estarán permitidas ata a fase tres da desescalada, non antes do 8 de xuño. Ás persoas con discapacidade que vivan en residencias e vivendas tuteladas poderemos visitalas cando comece a fase 2, a partir do 25 de maio.

Qué facemos cos nenos se volvemos ao traballo presencial?

Na fase 2, na última semana de maio, contémplase a apertura dos colexios para os cativos de educación infantil ata os 6 anos para facilitar a conciliación. O Goberno aínda non concretou a proposta para os alumnos máis maiores, aqueles que teñen entre 6 e 14 anos.

Cando poderemos visitar unha persoa que estea noutra provincia?

Viaxar entre provincias só é posible a día de hoxe por motivos laborais ou pola morte dalgún familiar. E así vai seguir ata finais do mes de xuño. Daquela só estará permitido sempre e cando ambas provincias estean na mesma fase.

Noticias web

30/04/2020