Coñecemos a Adrián, un estudante de cociña que foi seleccionado para concursar en Madrid Fusión
Publicado o 05/02/2019 12:55
Tamén nos meteremos no medio dos fogóns, cun cociñeiro premiado. Fomos buscalo a Lugo para coñecer un mozo que promete chegar moi lonxe no mundo da cociña. Fíxense que xa foi seleccionado para participar en dous concursos no ámbito nacional. Mesmo tivo como axudante, ao seu carón, unha estrela Michelin, Lucía Freitas. Estamos na escola onde se prepara este mozo para coñecelo a el e tamén, Demetrio Morenza, o xeito que teñen aí de ensinarlle a arte da cociña.
En Madrid Adrián propuxo un prato de costela de tenreira Galega. En Madrid tivo de pinche unha estrela Michelín, Lucía Freitas.