CRTVG

Buscar

Condutores militares encargaranse de transportar o combustible ás gasolineiras do Reino Unido

Publicado o 30/09/2021 09:45
Condutores militares encargaranse de transportar o combustible ás gasolineiras do Reino Unido

O Goberno do Reino Unido empregará militares para conducir os camións cisterna que levan combustible ás estacións de servizo do país. O ministro de Empresa anunciou que hai 150 condutores do exército preparados para asumir esas funcións.

Asemade, o executivo decidiu conceder 5.000 visados temporais a traballadores estranxeiros para que cubran as vacantes que hai no sector de transportes por estrada. A patronal xa advertiu que serán insuficientes e que se necesitan cen mil condutores.

Noticias web

30/09/2021