Un accidente cada tres días; circular pola estrada que vai de Lugo a Ourense ten risco engadido
A estatística xa o di todo: un accidente cada tres días escasos. E un estado de conservación lamentable para se tratar dunha estrada nacional que une dúas capitais de provincia, Ourense e Lugo. Os usuarios da N-540 denuncian a odisea que supón circular por esa vía.
Presenta fondas fochancas, gretas e un pésimo estado do firme é o que denuncian os usuarios da Nacional 540. Tratan de esquivalas, co perigo que isto supón, pero din os cundutores que cando caen nelas provócanlles danos nos vehículos.
Nunha empresa de alugueiro de maquinaria de Carballedo as perdas que provocan as fochancas son cuantiosas. E sobre todo notan os danos que as fochancas provocan nos coches os talleres mecánicos de Chantada. Este é un problema que a principal vía de comunicación entre Ourense e Lugo leva arrastrando dende hai anos.
Os usuarios piden unha solución definitiva. Dende 2018 ata hoxe producíronse nesta estrada 439 accidentes, un cada tres días. Os condutores din que o mal estado xunto cos animais son os motivos desta alta sinistralidade, na inmensa maioría dos casos non se produciron feridos.