CRTVG

Buscar

Condenas de ata 31 anos para tres acusados da violación múltiple de Sabadell

Publicado o 16/04/2021 12:37
Condenas de ata 31 anos para tres acusados da violación múltiple de Sabadell

A Audiencia de Barcelona condenou a penas de ata 31 anos de cárcere tres dos catro acusados da violación múltiple dunha menor nunha nave abandonada de Sabadell (Barcelona) en febreiro de 2019. O tribunal absolveu o outro por non quedar acreditado que estivese no lugar dos feitos.

Na súa sentenza, a sección sexta da Audiencia de Barcelona imponlle 31 anos de prisión a un dos acusados. Considérao autor material dunha agresión sexual e cooperador necesario das outras dúas violacións que sufriu a menor por parte dun home que non foi identificado e doutro que está fuxido da xustiza.

Así mesmo, condena a trece anos e medio dous dos procesados que presenciaron as violacións, por non evitalas e por contribuír ao clima de terror que propiciou a agresión sexual múltiple.