CRTVG

Buscar

Condénano a máis de 4 anos de prisión por violencia machista, física e psicolóxica

Publicado o 21/05/2020 14:19

O acusado neste caso de violencia machista, física e psíquica, contra a súa parella recoñece todo o maltrato, lesións, coaccións e agresións sexuais que lle inflixiu entre 2014 e 2018. Máiquel Andrés argumentou que nese período consumía porros e ás veces cocaína. Ademais depositou 4.500 euros para afrontar a responsabilidade civil coa súa vítima.

Tras un breve paso desta pola sala de vistas, e con eses tres acordos previos, o fiscal rebaixou o seu pedimento provisional de pena de cárcere, más de vinte anos en total, a catro anos e nove meses. A condena derivada da conformidade inclúe outras obrigas e limitacións del respecto á vítima. O mozo está en prisión provisional polo feitos xulgados desde setembro de 2018.
 

Noticias web

21/05/2020