Condenan unha muller de Pontevedra a cinco anos de cárcere por tentar matar o seu fillo
Publicado o 03/02/2021 12:25

Condenan unha muller de Pontevedra a cinco anos e tres meses de cadea por tentar matar o seu fillo en 2018 nun hotel de Vilaboa.
A sentenza emitida agora pola Audiencia Provincial di que a nai drogou o rapaz, de 13 anos, dándolle pastillas para durmir e abriu logo unha bombona de butano. Pretendía que o gas provocase a morte dos dous.
A traxedia non chegou a consumarse porque uns familiares deron a alerta ao recibir unhas mensaxes de despedida en que a muller lles contaba o que estaba a facer.