Condenan un veciño do Saviñao a 5 anos de cadea por abusar da súa filla de catro anos
Publicado o 22/05/2019 11:31
A Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco anos de prisión un veciño do Saviñao por abusos sexuais a súa filla de 4 anos.
Aínda que a Fiscalía non exercera a acusación neste caso e pedira o seu sobresemento, o tribunal considera que hai probas para condenalo, coma o testimonio da pediatra que examinou a menor.
O acusado, pola súa parte, negara todos os feitos durante o xuízo. O home tamén terá que indeminazar a súa filla e imponlle a prohibición de achegarse a ela durante seis anos.