Condenan un home en Santiago a catro anos e medio de cadea por abusar da súa sobriña
Publicado o 23/03/2021 14:00

Condenado un home en Santiago por abusar sexualmente da súa sobriña de só catro anos. A Audiencia Provincial considera probado que aproveitou a visita da pequena á súa casa para sometela a tocamentos. A pena imposta é de catro anos e medio de cadea.
O tribunal tamén lle prohibe desenvolver calquera labor que supoña contacto directo con menores durante oito anos. Con todo, o home quedou absolto por falta de probas doutro delito semellante cometido presuntamente contra unha irmá da vítima, tamén menor de idade.