CRTVG

Buscar

Condenan un galego en Escocia por acumular milleiros de arquivos pedófilos

Publicado o 23/08/2021 11:20
Condenan un galego en Escocia por acumular milleiros de arquivos pedófilos

Un galego foi condenado a 16 meses de cárcere en Escocia por acumular milleiros de arquivos pedófilos no seu ordenador. O home, de 37 anos, traballaba como titor de estudantes nunha universidade de Edimburgo. A policía localizou máis de 5.000 arquivos de pornografía infantil, unha quinta parte deles de abusos explícitos de persoas adultas a nenos de curta idade.

Pasará en prisión un mínimo de 8 meses, a metade da pena, que o tribunal rebaixou a partir do arrepentimento amosado polo acusado. Con todo, o individuo, natural de Santiago, non poderá volver traballar con menores, ao quedar o seu nome incorporado á lista de delincuentes sexuais do Reino Unido.

Noticias web

23/08/2021