CRTVG

Buscar

Condenan un banco a devolver os cartos a un cliente vítima do 'phishing'

Publicado o 01/10/2021 14:57

Primeira sentenza en Galicia que condena un banco a devolverlle a un cliente o diñeiro estafado a través do método do phishing. A sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra di que a seguridade das operacións telemáticas é responsabilidade da entidade.

O banco terá que pagarlle ao cliente os case 20.000 euros que os ciberdelincuentes lle subtraeran da conta, ademais doutros 4.600 de intereses legais. Tamén terá que asumir as custas procesuais. A sentenza supón unha porta á esperanza para as decenas de afectados polas ciberestafas en Galicia.

Noticias web

01/10/2021