Condenan o 'rei das orquestras' a dous anos e tres meses de prisión
Publicado o 22/06/2021 16:20

Ángel Martínez Perez, coñecido coma Lito, o rei das orquestras de Galicia, acaba de ser condenado a dous anos e tres meses de cárcere e ao pago dunha multa de 340.000 euros, por non declarar máis de 300.000 euros do IVE dos anos 2011 e 2012, cando a súa empresa tivo máis de dous millóns e medio de euros en beneficios. Tampouco poderá optar a subvencións ou beneficios fiscais nos próximos seis anos.