CRTVG

Buscar

Condenan a Volkswagen a pagar 16 millóns de euros polo escándalo do diésel

Publicado o 26/01/2021 00:23

As demandas contra Volkswagen polo chamado dieselgate comezan a dar os seus froiitos en España. Un xulgado de Madrid obrígaa a pagar 3.000 euros a cada un dos 5.400 afectados que chegaron aos tribunais da man da Organización de Consumidores e Usuarios.

En total, máis de 16 millóns de euros, malia que a empresa xa anunciou que vai recorrer contra a sentenza. A fraude remóntase a 2015, cando se descubriu que o programa informático dos vehículos ofrecía datos falsos sobre a emisión de gases contaminantes para que non excedese o límite legal.

A da OCU é tan só unha das numerosas demandas interpostas contra Wolkswagen en diversos países. Outro colectivo de consumidores, FACUA, batalla pola vía penal pero xa nos xulgados de Alemaña, país do grupo automobilístico.

A fraude puido afectar máis de 11 millóns de vehículos vendidos entre 2009 e 2015.

Noticias web

26/01/2021