Condenan a seis anos de prisión unha muller que lle practicou unha ablación á súa filla
Condenada a seis anos de prisión unha muller oriúnda de Malí, pero residente no concello lugués de Baralla, por permitir a mutilación xenital da súa filla.
A ablación practicouse en África, ás poucas semanas de nacer a nena, que no 2012 chegou a Baralla coa súa familia.
A Audiencia Nacional considera probado que a muller consentiu que se lle practicara a ablación á súa filla e dita unha sentenza exemplarizante.
No xuízo, a nai afirmou que a mutilación fora propiciada pola súa sogra sen o seu consentimento, pero a sentenza, que é apelable, considera que aínda así, isto non a exime de responsabilidade pola súa condición de garante da seguridade e integridade da menor.
O caso destapárao unha investigación por posibles malos tratos cando a nena tiña oito anos.