CRTVG

Buscar

Condenan a Ryanair a pagar 250 euros pola cancelación dun voo durante unha folga

Publicado o 20/04/2021 21:05
Condenan a Ryanair a pagar 250 euros pola cancelación dun voo durante unha folga

Un xulgado de Pontevedra condena a Ryanair a pagarlle 250 euros a un viaxeiro ao que lle cancelaron un voo por unha folga de pilotos. O demandante mercara un billete a Bérgamo, en Italia, para o 25 de xullo de 2018.

Ao suspenderlle o voo reclamou ante a aeroliña, pero non lle fixeron caso. Agora, ademais da compensación e os xuros, o xuíz imponlle a Ryanair as custas do xuízo e advírtea sobre unha posible declaración por temeridade se volve negarse a compensar os viaxeiros en caso de folga.

Noticias web

20/04/2021