Condenado a once anos de cárcere por violación continuada á súa ex-parella
Publicado o 04/02/2019 20:40
A Audiencia de Pontevedra condena a once anos de cárcere un home por violación continuada á súa ex-parella.
O tribunal considera probado que o imputado cometeu as agresións entre mediados de agosto e finais desetembro de 2015, tras a ruptura entre o acusado e a vítima, que mantiveran unha relación durante cinco anos.
O xuíz tamén lle impuxo o pago dunha indemnización de 25.000 euros e a prohibición de comunicarse por calquera medio e de aproximarse á vítima durante 15 anos.