CRTVG

Buscar

Condenan 15 persoas pola emboscada a varios policías no Vao durante o confinamento

Publicado o 26/10/2021 14:39
Condenan 15 persoas pola emboscada a varios policías no Vao durante o confinamento

Quince condenados pola emboscada a varios policías locais de Poio no poboado do Vao, durante o confinamento do primeiro estado de alarma. Desorde pública, atentado, danos e lesións, son os delitos polos que a sentenza lles impón penas de ata 15 meses de prisión e o pagamento de 900 euros en multas. Con todo, os acusados non irán ao cárcere. Lograron un acordo fiscal e as penas quedaron suspendidas, a cambio, iso si, de non volver delinquir e de aboarlles unha indemnización aos axentes agredidos, así como ao Concello de Poio e ao Estado, polos danos provocados nos coches patrulla.

 

Noticias web

26/10/2021