CRTVG

Buscar

Condenado un home por darlle unha palmada no cu a unha muller nun pub de Pontevedra

Publicado o 04/10/2021 22:12

Condenado un home por darlle unha palmada no cu a unha muller nun pub de Pontevedra. O xulgado do penal número 3 desoe a Fiscalía e recoñece que tocarlle o traseiro a unha muller é un delito de abuso sexual. Por iso condena o principal acusado a 18 meses de multa, a razón de 6 euros ao día.

Os feitos sucederon en 2019 nun reservado do local, ante 15 membros dun equipo de fútbol, que no momento dos feitos "miraban a vítima como un obxecto de desexo", segundo a sentenza. A xuíza absolve o segundo varón xulgado, que estaba acusado de supostas coaccións e ameazas á moza tras a agresión.

Noticias web

04/10/2021