CRTVG

Buscar

Condenado por maltrato un veciño de Gondomar

Publicado o 27/04/2021 14:51
Condenado por maltrato un veciño de Gondomar

Condenado un veciño de Gondomar despois de maltratar durante 24 anos a súa muller. O caso resolveuse cun acordo e este maltratador non vai ao cárcere. Foi condenado a un ano e nove meses de cadea, a 112 días de traballo en beneficio da comunidade e a 8 anos de afastamento da súa exmuller. Deberá pagarlle 5.000 euros de indemnización, non cometer delitos en tres anos e someterse a un programa formativo de violencia de xénero.

Noticias web

27/04/2021