CRTVG

Buscar

Condenado por atropelar intencionadamente un motorista en Ourense

Publicado o 07/04/2021 14:22
Condenado por atropelar intencionadamente un motorista en Ourense

Condenado a 12 anos de prisión o condutor que atropelou mortalmente un motorista en Ourense hai un ano e medio. A Audiencia Provincial considérao culpable dun delito de homicidio por atropelar, intencionadamente, a vítima, un home portugués de 37 anos.

Tamén o condena por condución temeraria: circulaba a 125 quilómetros por hora nun treito limitado a 60, baixo os efectos de alcol e de drogas e sen carné. O tribunal considera probado que arrastrou a vítima durante 50 metros e fuxiu sen lle prestar axuda.

Unha curmá do acusado, investigada por encubrimento, quedou absolta.

 

Noticias web

07/04/2021