CRTVG

Buscar

Condenado por ameazar unha moza con facerlle o mesmo que á vítima da Manada

Publicado o 15/12/2020 14:09

O pesadelo comezou para Aida Feal en outubro do ano pasado, cando aceptou a solicitude de amizade en Instagram dun mozo que dicía ser de Valdoviño. Nunca o coñeceu en persoa.

A día de hoxe non sabe quen é fisicamente porque utilizaba perfís falsos. O acoso comezou cando Aida publicou unha foto de festa cunha amiga.

Superada polos feitos, contóullelo aos seus pais e decidiron denuncialo. O acoso continuou ata finais de febreiro e tivo que interpoñer novas denuncias. A situación xeroulle problemas psicolóxicos que aínda arrastra a día de hoxe.

O xuízo pola primeira ameaza xa se celebrou, e o home, que resultou ser un coruñés de 31 anos, foi condenado a pagar unha multa e a xuíza ditou unha orde de afastamento da vítima.

Unha sentenza que as avogadas de Aida aplauden polo importante fito que supón, aínda que ela ten un pero.

Aida ten pendentes outros xuízos polas sucesivas ameazas que recibiu do mesmo individuo. Confía en que a primeira sentenza sirva de precedente e agravante e tamén como alento para que outras vítimas de acoso se animen a denunciar.

Noticias web

15/12/2020