CRTVG

Buscar

Condenado a tres anos de cárcere por intento de homicidio

Publicado o 23/10/2019 09:32

Condenado a tres anos de prisión un veciño de Ourense que acoitelou un coñecido por cinco euros e un teléfono móbil.

O acusado recoñeceu os feitos durante o xuízo, pero atribuíunos aos excesos no consumo de alcol e drogas. A fiscalía pedía cinco anos de prisión, pero o tribunal rebaixouno a tres por "alteracións na percepción".

Os feitos ocorreron hai un ano na casa do acusado e en presenza da súa nai, que quedou absolta dunha suposta omisión de socorro. A vítima recibiu a coitelada o abdome. Unha lesión que, segundo os forenses, sería mortal de non recibir asistencia sanitaria.

Noticias web

23/10/2019