Condenado a once anos de cárcere por matar un compañeiro
Publicado o 11/02/2019 14:13
O Tribunal Supremo confirma a condena de 11 anos de prisión para o cidadán ucraíno, que matou un compatriota seu co ferro de pasar, na vivenda que compartían, en Nigrán, en 2016.
A defensa do condenado presentara un recurso solicitando a nulidade da súa confesión ante a Garda Civil no lugar do crime, por terse producido sen avogado, nin intérprete. O Tribunal Supremo considera que en ningún momento se vulneraron os dereitos do home, que confesara tamén durante o xuízo que golpeara a vítima na cabeza.
Agora confírmase integramente a sentenza da Sección Quinta da Audiencia con sede en Vigo. O condenado deberá cumprir 11 anos de prisión, e terá que indemnizar a muller do falecido con 120.000 euros.