CRTVG

Buscar

Condenado a once anos de cárcere por abusar sexualmente da súa cuñada menor de idade

Publicado o 28/05/2021 13:36
Condenado a once anos de cárcere por abusar sexualmente da súa cuñada menor de idade

Unha sentenza da Audiencia de Pontevedra condena a once anos de cárcere un veciño de Mos por acosar e violar unha menor.

A vítima, cuñada do condenado, sofre secuelas graves e tentou suicidarse varias veces por eses feitos, unidos a que sufría acoso escolar e tiña problemas na relación cos pais.

Segundo a sentenza, o agresor abusou dela polo menos durante oito meses entre 2016 e 2017.

 

Noticias web

28/05/2021