CRTVG

Buscar

Condenado a 26 anos o condutor que matou un mozo no paseo marítimo da Coruña

Publicado o 19/02/2019 19:17

• O acusado invadiu o sentido contrario da marcha e dirixiu o coche contra tres mozos cos que discutira nun bar do Orzán

 

 

A Audiencia da Coruña condena a 26 anos de prisión o condutor que atropelou tres mozos na Coruña e matou un na madrugada do sábado 28 de outubro de 2017.

Un tribunal do xurado xa os declarara culpables e agora a Audiencia dita sentenza por un delito de homicidio consumado e outros dous máis de homidicio en grao de tentativa. O xurado considerou probado que o acusado mantivo unha liorta nun bar do Orzán coas vítimas, ás que logo atropelou no paseo marítimo. No momento dos feitos, o acusado tiña 19 anos.

 

Noticias web

19/02/2019