CRTVG

Buscar

Condenado a 15 anos por matar un home ao saír dun bar en Betanzos

Publicado o 07/05/2021 17:43
Condenado a 15 anos por matar un home ao saír dun bar en Betanzos
EFE

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a quince anos de cárcere, como autor dun delito de asasinato, un home que apuñalou outro co que discutira previamente cando saía dun bar de Betanzos, informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

De acordo co veredicto do tribunal do xurado, a Audiencia indica na sentenza que o apuñalamento “se efectuou de maneira sorpresiva, sen que a vítima puidese defenderse”. A agresión produciuse durante a madrugada do 30 de decembro de 2018 tras unha liorta previa da que o condenado e o falecido tiveron que ser separados.

Uns minutos máis tarde, sinalan os xuíces, o acusado dirixiuse ao bar do que saía a vítima e asasinouna. A Fiscalía considerábao responsable dun delito de homicidio e pedía inicialmente para el 13 anos de prisión, mentres que a acusación particular demandaba vinte anos por un delito de asasinato.