CRTVG

Buscar

Condenado a 12 anos de prisión por tentar asasinar a súa muller a coiteladas en Vigo

Publicado o 14/12/2020 18:12
Condenado a 12 anos de prisión por tentar asasinar a súa muller a coiteladas en Vigo

 A Audiencia Provincial de Ponteveda condenou a doce anos de cárcere o acusado de tentar matar a coiteladas a súa muller en Vigo. Os feitos remóntanse a novembro de 2019 cando o acusado lle cravou un coitelo no pescozo á súa compañeira sentimental mentres a muller durmía. O tr¡bunal considera probado que, aínda que non se produciu o resultado de morte, o condenado actuou con ánimo homicida polo tipo de arma empregada, a zona do corpo agredida e o inesperado do ataque sen que a vítima tivera capacidade de reacción ou defensa

Noticias web

14/12/2020