CRTVG

Buscar

Condenado a 11 anos de prisión o vigués acusado de violar a fillastra

Publicado o 11/06/2020 14:16

A sentenza condénao por un delito continuado de abusos sexuais sobre a menor dende os 12 anos, de forma periódica, durante un ano. Segundo a sentenza, o home prevaleuse da súa situación de superioridade. A Audiencia considera probado que entre 2017 e 2018 cando convivía coa parella e coas fillas dela, se metía na cama da nena e a violaba.

A sentenza incide en que a rapaza, no seu estado de perturbación e paralizada polo medo, non podía defenderse. Aínda que o acusado negou os feitos, a sentenza outorgou total credibilidade ao relato da vítima. No xuízo tivo un gran peso a gravación duunha conversa entre a nai e o home, en que este afirmaba que só se trataba de xogos.

A Audiencia condénao a 11 anos de prisión, e tamén se lle lle impón unha orde de afastamento da menor de 12 anos e unha indemnización de 15.400 euros para a nena. Ademais, terá que someterse a un programa de educación sexual.

Noticias web

11/06/2020