Condenada a 21 meses de prisión unha muller por subtraer cartos ao señor que coidaba
Publicado o 28/06/2021 12:00

Condenada a 21 meses de prisión unha muller por subtraer cartos ao señor que coidaba. Aproveitou o ingreso hospitalario do home no HULA para utilizar a súa tarxeta de crédito e sacar 800 euros. Tamén contratou servizo de Internet e liñas de teléfono con dúas compañías que cargou á conta do home sen o seu consentimento por importe de 200 euros.
A sentenza do Penal de Lugo de 21 meses de cadea foi suspendida despois de que as partes chegaran a un acordo coa condición de que non volva cometer ningún delito no prazo de dous anos e de que reintegre ao seu propietario os cartos subtraídos con intereses.