Conde úrxelle ao Goberno unha solución para Alcoa
Publicado o 30/10/2019 15:09
A planta de Alcoa en San Cibrao é eficiente, pero o elevado prezo que paga polo consumo electrico non a fai competitiva. Así se expuxo esta mañá no encontro entre os traballadores e o conselleiro de Industria.
Francisco Conde di que non hai marxe e urxe unha solución por parte do Goberno central, ao que acusou de pór escusas e non cumprir cos compromisos adquiridos cos traballadores.
A día de hoxe, non se volveu convocar a mesa industrial nin se presentou o borrador do estatuto das electrointensivas que estableza un prezo enerxético competitivo.