CRTVG

Buscar

Conde pídelle a Endesa que rectifique e ao Goberno, que non autorice o peche nas Pontes

Publicado o 29/01/2021 15:48

A viabilidade da planta das Pontes segue en estudo. Goberno, Xunta e Concello defenden que a térmica sería viable con carbón e carburantes verdes. Pendentes dunha nova xuntanza coa empresa, o conselleiro de Economía pídelle a Endesa que rectifique e ao Goberno, que non autorice o peche.

"Non hai escusa posible para que Endesa non presente un proxecto concreto que garanta a viabilidade económica e, polo tanto, permita a reincorporación inmediata dos traballadores, a reactivación da planta das Pontes. O que agardamos é seguir traballando conxuntamente co Goberno e que o Goberno non admita este plan de peche e desmantelamento", di Francisco Conde.

 

Noticias web

29/01/2021