Conde pide compromiso por parte do Goberno con Alcoa
Publicado o 02/07/2020 15:29
Dende a Consellería de Industria din que están usando todos os mecanismos posibles para axudar nunha solución para Alcoa.
Francisco Conde pediulle ao Goberno central que volva á mesa industrial, e que se comprometa marcando un bo prezo eléctrico que faga competitiva a planta de San Cibrao.
"Nós o único que lle pedimos ao Goberno é que volva á mesa industrial para buscar unha solución aos traballadores. Un conflito que ten no prezo eléctrico a súa principal dimensión", dixo Conde.