Concesionarios de Teo únense para incentivar as vendas de coches de ocasión
Publicado o 26/03/2021 16:29
Os concesionarios de Teo, que comercializan coches de ocasión, poñen en marcha campañas conxuntas para facer fronte á mala evolución das vendas neste primeiro trimestre do ano.
No mes pasado, as vendas no mercado de ocasión baixaron máis dun 16 por cento. O canal de compravendas descendeu tamén en máis dun quince por cento. Isto en España.
En Galicia, a caída foi aínda maior: venderon sete mil seiscentos coches, o vinte e dous por cento menos ca no ano anterior. Cifras malas, que impactan a un mercado que, de por si, xa ten un dos parques máis envellecidos do Estado.