CRTVG

Buscar

Concerto de Luz Casal e a Real Filharmonía de Galicia en Santiago

Publicado o 21/07/2021 21:45

Luz Casal chega ao palco e sempre é noticia. Dá igual que sexa só un ensaio . Esta noite Luz Casal abre as Festas do Apóstolo en Compostela xunto coa Real Filharmonía de Galicia. Un combo inmellorable para un lugar inmellorable: a praza do Obradoiro. Ensaio ou concerto, unha cita única.
Tan especial como as súas cancións, vestidas con roupa nova, a nova sonoridade que só dá unha sinfónica.

As entradas están contadas e esgotadas. A pandemia impón a cultura segura, que nos dá a opción de seguir o concerto en streaming. Un agasallo marabiloso para eles e para todos. Para os que estean no Obradoiro, para os que estean nas casas. Tamén para os que a puideron ver furtivamente. E é que, aínda que fora un ensaio, non faltaron os aplausos.







 

Noticias web

21/07/2021